MEETINGS WITH REMARKABLE TREES_Pablo Orza






MEETINGS WITH REMARKABLE TREES_Pablo Orza

    

21/09/2023


Pintura, fotografía, vídeo, poesía, música, danza?, recollendo a vivencia, a convivencia ineludible cun proceso masivo, estructurante, vital, continuo: o ciclo das metamorfoses estacionais. Primavera, estío, outono, inverno, primavera?, a roda das transformacións da enerxía condensada no tropo lento e orgánico da árbore. As árbores senlleiras agardan na fondura do bosque como fitos de conexión cunha vasteza sempre desbordante, sempre terrible na súa crúa beleza e sobrecolledor misterio.

Afincado na contorna rural próxima a Compostela, Pablo Orza (Zamora, 1971) é un artista poliédrico onde os haxa, o seu traballo sintetiza un universo propio onde a natureza, o humano e o máxico fúndense nos diferentes procesos de creación, marcados estes pola experimentación constante en múltiples soportes e formatos, desde a pintura, a instalación ou a videoperformance ata a poesía ou a música. O seu traballo actual está intimamente vencellado cos cambios estacionais, amoldándose aos diferentes ciclos vitais que acompañan aos devanditos cambios. A conciencia de pertenza ao lugar e ao momento que habita vese reflectido no carácter transversal da súa obra, onde conviven audazmente o exotérico e o visceral, o telúrico e o metafísico, o ancestral e o innovador, nunha sorte de variables que nos convidan a participar dunha poética singular e cativadora.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, 1989 a 1994, realizou cursos de doutoramento na Universidade Politécnica de Valencia, 1994 a 1996, así como o programa de posgrao no Studio Arts Centers International de Florencia, 1996 a 1997. Interesado na música experimental e improvisación libre, no 2003 fundou o Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro (TPS), un colectivo artístico centrado na creación a tempo real, e foi membro da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (OMEGa).


Con la colaboración de

 

   




<< Listado de Exposiciones
                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Subir