MEETINGS WITH REMARKABLE TREES_Pablo Orza






MEETINGS WITH REMARKABLE TREES_Pablo Orza

    

21/09/2023


Pintura, fotografía, vídeo, poesía, música, danza... recollendo a vivencia, a convivencia ineludible cun proceso masivo, estructurante, vital, continuo: o ciclo das metamorfoses estacionais. Primavera, verán, outono, inverno, primavera...a roda das transformacións da enerxía condensada no tropo lento e orgánico da árbore.
 
Os árbores extraordinarios agardan na fondura do bosque como fitos de conexión cunha vasteza sempre desbordante, sempre terrible na súa crúa beleza e sobrecogedor misterio.
 
PABLO ORZA (Zamora, 1971)

 
Afincado na contorna rural próxima a Compostela, Pablo Orza é un artista poliédrico onde os haxa, o seu traballo sinetiza un universo propio onde a natureza, o humano e o máxico fúndense nos diferentes procesos de creación, marcados estes por a experimentación constante en múltiples soportes e formatos, desde a pintura, a instalación ou a videoperformance ata a poesía ou a música. O seu traballo actual está intimamente relacionado cos cambios estacionais, amoldándose aos diferentes ciclos vitais que acompañan aos devanditos cambios. A conciencia de pertenza ao lugar e ao momento que habita vese reflectido no carácter transversal da súa obra, onde conviven audazmente o exotérico e o visceral, o telúrico e o metafísico, o ancestral e o innovador, nunha sorte de variables que nos convidan a participar dunha poética singular e cautivadora .
 
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca 1989-1994. Cursos de doutoramento, Universidade Politécnica de Valencia, 1994-96. Programa de posgrao, Studio Arts Centers International, Florencia, 1996-97.



<< Listado de Exposiciones
                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Subir