Mediante cotas mensuais en concepto de provisión de fondos, podes crear unha colección con criterio de calidade e investimento dunha forma cómoda e sen abafos económicos.

 

COMO FUNCIONA?

  • Cada socio pagará, mediante domiciliación bancaria, unha cota mínima de 50 ? ao mes, en concepto de provisión de fondos e disporá da súa propia conta na que o diñeiro acumulado servirá de forma íntegra para a adquisición de obra.
  • Se o valor da obra seleccionada é maior que a provisión de fondos nese momento, deberá realizar unha achega extra que liquide o total da adquisición.
  • O socio dispón de total liberdade na selección de calquera obra dunha exposición ou do fondo de galería, en calquera das galerías do grupo Metro.
  • Os socios dispoñen dun 10% de desconto na compra de calquera obra de arte.
  • METRO elaborará un inventariado das obras adquiridas, mediante dossier personalizado no que figuren certificado de autenticidade e biografía artística do autor.
  • METRO garante o cambio ou reposición de fondos por devolución da obra durante o prazo máximo dun mes.
  • Os socios recibirán información periódica das exposicións e das novas incorporacións aos fondos da galería e serán asesorados convenientemente.

Formulario de adhesión ao CLUB METRO (cubrir cos datos solicitados e enviar por e-mail a info@galeríametro.com ou por correo postal á dirección que figura no documento)


                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Subir