SUSO BASTERRECHEA. Quise ser perfecto, ...






SUSO BASTERRECHEA. Quise ser perfecto, ...

    

16/04/2021


Despois de nove anos, Suso Basterrechea (Ferrol,1968) volve á Galería METRO para poñernos ao día sobre o que sucedeu no seu estudo durante os últimos tempos. ?Quixen ser perfecto, quixen ser minimalista, pero teño pingueiras? é o título desta mostra, unha proclama extraida dunha das súas obras, que se presenta como unha declaración de intencións.Dise que o sentido do humor é signo de intelixencia e a ironía unha das súas ferramentas máis efectivas para analizar con rigor e seriedade as cousas importantes e á vez provocar un sorriso. Suso Basterrechea faio usando o debuxo e o texto debuxado, ás veces nun só espazo, outras por separado, pero formando un discurso complexo, en ocasións sutílmente sarcástico, noutras deliberadamente poético, que nos confronta ao cotián desde aqueles ángulos mortos desde os cales se percibe a realidade cunha maior nitidez.
 
As súas pezas, aínda que nacen independentes e funcionan individualmente, conforman un todo que pode ocupar as paredes enteiras, a modo de segunda pel, xerando unha panorámica global do seu pensamento como artista, como individuo, como activista, como ser humano,? Debuxos e textos debuxados, realizados de forma individual, sen lazos aparentes de interrelación con outros, como versos libres, convértense nas células que dan vida á gran obra que nace xusto no momento da montaxe expositiva. Con esta acumulación explosiva todo adquire outra dimensión, unha dimensión aberta ao xogo dialéctico entre o individuo e o grupo. A construción dunha identidade común nada da suma das identidades individuais convértese nunha metáfora social e política que ben se podería resumir naquilo de que a sociedade é mellor canto máis críticos sexan os seus individuos.
 
O debuxo de Suso Basterrechea é directo, sen concesións á retórica e ao preciosismo. Os seus textos, debuxados con persoais, forman parte inherente do todo. Ás veces son o todo da obra, adquirindo no seu conxunto unha dimensión que vai máis aló do debuxo para situarse no territorio da instalación ou a escultura. E ésto é o que percibimos cando entramos nunha das súas exposicións, tamén nesta; atopámonos inmersos nunha escenografía creada con papeis, debuxos, textos, marcos, lámpadas e focos, escaleiras, cadeiras ou lámpadas, que nos envolve, que nos fai pensar e extraer nosas propias conclusións, volvéndonos cómplices do seu xogo. Son traballos que recuperan a enerxía dos panfletos, dos carteis, que emiten a súa proclama desde unha austeridade contundente pero tamén desde o uso de cores, formas e tipografías encamiñadas a unha lectura pública. Esta mestura creativa corresponde á urxencia, á necesidade de atopar unha resposta ou un estímulo a cada unha das situacións nas que a práctica artística, política e social sitúano en cada momento.
 
A realidade preséntasenos especialmente fragmentada no noso tempo, no bordo do abismo non parece haber tempo para un plan ben estruturado ou simplemente a axitación non permite atopar o momento para a súa elaboración. As nosas filias e fobias confúndense, a historia da arte recente, a sociedade, a política e as anécdotas da miña vida cotiá se solapan e só ocórrenlleme comentarios ao pé de páxina de todo isto. Formado na Facultade de Belas Artes de Sevilla, Suso Basterrechea é sen dúbida un dos artistas máis interesantes do noso tempo. Debuxo, escultura, activismo social, vídeo, escenografía, deseño, textos, cartelería, xestión cultural? son algunhas das moitas inquietudes ou estadios que conforman unha traxectoria artística de máis de tres décadas nas que protagonizou numerosas exposicións individuais e colectivas, tanto no ámbito nacional como no internacional. A súa obra está presente en recoñecidas institucións como a Colección Unión Fenosa MACUF, a Colección Josep Mª Civit, a Colección Caixa Madrid ou o Museo Nacional de Tunes.

 



<< Listado de Exposiciones
                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Subir