GEOMÉTRICA






GEOMÉTRICA

    

16/12/2022


GEOMÉTRICA
LUÍS CARUNCHO_FERNANDO DAZA_NACHO ZUBELZU
 
Galería METRO presenta XEOMÉTRICA, unha revisión do traballo de tres artistas que forman parte do elenco desta galería, a través dunha selección de obras abstractas construídas desde a razón da xeometría. Desde os deseños das antigas culturas, pasando polos traballos dos principais impulsores da abstracción xeométrica, como Wassily en pleno século XXI, este xénero segue tendo importantes actores e seguidores. A súa vixencia vese reflectida nesta mostra que axunta o traballo dun dos referentes do constructivismo en España, Luís Caruncho (A Coruña, 1929 - Madrid, 2016), do recoñecido artista sevillano Fernando Daza (Sevilla, 1979) e do polifacético creador cántabro Nacho Zubelzu (Reinosa,1966).
 
Outro elemento común no traballo destes artistas, é a utilización do papel como base dos seus traballos. Os seus variados tratamentos achegan un atractivo engadido e son un exemplo das posibilidades estéticas do papel nos procesos creativos. As obras monocromas de Luís Caruncho son unha sorte matemática de planos e volumes, de luces e sombras, que reflicten equilibrio e serenidade. Nas obras de Fernando Daza, o uso de papeis de cores rachadas a man e pegados en fervenza sobre lenzo, xeran un volume que xoga co contraste cromático das formas xeométricas. Tamén as obras de Nacho Zubelzu, que nacen da observación dos movementos dos grandes rabaños na paisaxe, cunha xeometría de carácter máis orgánico, están construídas con multitude de círculos papel branco de diferentes tamaños, recortados a man e dispostos en sinuosas capas que achegan dinamismo ás súas composicións.
 
COA COLABORACIÓN DE



<< Listado de Exposiciones
                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Subir