CONFINADOS






CONFINADOS

    

05/06/2020


Amo as limitacións, porque son a causa da inspiración?

 

Susan  Sontag 

 

...e todo se parou. Encérrannos. Encerrámonos. O noso mundo redúcese a catro paredes e á xanela de Google. Medo. O inimigo é invisible e pode estar en calquera lugar. Incerteza. Canto tempo. E despois que.  Preocupación. Polos teus e polos de máis alá. Polo futuro, tamén. Os primeiros momentos son estraños. Queremos saber, comprender, sentimos un pouco  noqueados. Custa arrincar. Tomamos conciencia da nosa fraxilidade como especie e sentímonos inmersos no guión dunha  superproducción de ciencia ficción. Reflexionamos sobre o realmente importante e cuestionamos o noso papel nunha sociedade globalizada marcada por fráxiles equilibrios económicos, sociais, ecolóxicos e políticos. Facémonos máis solidarios e  empáticos. Aplaudimos. Resistimos. Sabemos que é cousa de todos que a vida volva ao seu leito.  

 

Esta exposición preséntase como relato que ilustra un momento histórico extraordinario, que conta mediante imaxes todo aquilo que non poden contar as palabras. A pesar das limitacións, os artistas non pararon. Todo o contrario. Millóns en todo o planeta, escritores, músicos ou creadores visuais, sentíronse máis inspirados que nunca. A súa achega está aí. Quizais atopemos respostas. E é por iso que a Galería METRO quere exercer de novo co seu papel mediador abrindo unha porta que nos conecte coas sensacións vividas por un grupo deles durante o confinamento, subliñando o papel da creación artística nos momentos máis críticos, que, como se viu durante estas semanas de illamento, supuxo un importante soporte emocional para as nosas vidas.

 

Esta mostra reúne pequenas obras inéditas sobre papel, pequenos obxectos e esculturas ou fotografías, creadas por vinte artistas nas súas propias casas, traballos que nacen nun momento histórico singular e que, con prezos simbólicos, quere estimular o consumo de arte de proximidade e contribuír a suavizar a  desescalada dos nosos creadores.

 

ARTISTAS PARTICIPANTES

 

Ana Pérez Ventura | Sebas  Anxo | Santi Jiménez |  Lúa Gándara | Xavier Cuiñas | Xaquín  Chaves | Lito Portela | Nacho  Zubelzu | Haia Blanco | Marc Quintana | Olmo Blanco | Paula Vincenti | David  Catá |  Alina Selectos | Emilio Mariño | Ana Gil Rodríguez | Guillermo Simón | Federico Granell |  Little | Sheila Pazos

 

 




<< Listado de Exposiciones
                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Subir