ANA GIL RODRÍGUEZ (Ourense, 1973)
Obtén a licenciatura de filoloxía hispánica en Santiago de Compostela e fórmase durante anos en danza contemporánea. Desprázase a Madrid para especializar os estudos da licenciatura, en vanguardía artística e literaria.
Tras o descubrimento da escultura e a fotografía como linguaxe artística, cursa estudos de Doutoramento na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, formando parte do grupo de investigación ES2, da Universidade de Vigo. En xullo de 2012 defende a súa tese doutoral no departamento de Escultura da Universidade de Vigo, na cal recoje a idea do simulacro no fogar como enganoso espazo de protección, obtendo o título de doutora.
Os seus comezos vincúlana coa realización de propostas enmarcadas dentro da denominada ?arte efémera?, a través de diversas intervencións no medio natural ou a práctica do xénero da performance en diferentes mostras como Chámalle X (2006) ou o Ciclo Arte non Parque (2007), no Centro Galego de Arte Contemporánea. Participou en diversas mostras relacionadas con formulacións feministas como Fem Art en Barcelona (2006) ou Voilá a Femme (2009).
Ver catalogo_BRUMAS_E_TEMORES.pdf
Ver CATALOGO_PERMANENCIAS_ DOMESTICAS.pdf
Ver CATALOGO_ENMARCADAS.pdf
Ver CATALOGO_PRECEPTOS_ DOMESTICOS.pdf
|